Dra. Adriana I. Ávila Álvarez
Compráceme que formes parte da comunidade académica da nosa Facultade de Ciencias da Saúde, prestixioso e innovador centro da Universidade da Coruña. Con nós, adquirirás coñecementos e vivirás experiencias que che axudarán a definir mellor quén es e como serás no futuro. Espérante días de intenso traballo, de grandes esforzos e de tarefas que che brindarán moitas satisfaccións. Podo asegurarche que vivirás aquí momentos inesquecibles. Recorda que este recinto che ofrece un mundo de posibilidades. Participa intensamente e acolle a oportunidade de enriquecerte cos coñecementos, habilidades e aptitudes que prové a oferta académica do centro, primeiro en España adaptado ás políticas de calidade e converxencia do Espazo Europeo de Educación Superior: Grao en Terapia Ocupacional, Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria e Mestrado Interuniversitario en Xerontoloxía, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, xunto con diversos Títulos propios de Posgrao. Benvidos e benvidas.


Un cordial saúdo
Adriana I. Ávila Álvarez
Decana FCS-UDC